Capítulo II – Liga, Clasificación, Ascensos e Descensos

Capitulo- II- Liga, clasificación, ascensos e descensos

2.1 .- Xogarase unha liga a dobre volta, en toda-las divisións, todos contra todos xógandose dúas partidas en cada enfrontamento

2.2 .- Xógaranse dúas partidas de seis mans cada unha gañando o equipo que mais chaves faga sumando dous puntos por partida. Si algunha partida queda empatada en chaves anotariase un punto a cada equipo

2.3 .- Para a elaboración das clasificacións nos equipos nas distintas categorias ordenaranse os equipos, en primeiro lugar polos puntos, en segundo lugar por enfrentamento entre ambos, e en terceiro lugar por número de chaves. De haber empate nos tres campos, xogarase unha partida en cancha neutral a acordar entre os equipos e a directiva.

2.4 .-As categorias formaranse tentando que o número de equipos sexa equilibrado, sendo a categoria distinta a última.

2.5 .- Os tres primeiros equipos ascenderan a categoria superior cando esta exista, de xeito que o escomenzar a distribución de equipos da tempada seguinte este xa partirá dende a categoria superior.

2.6 .-En caso de non variar o número de equipos os tres últimos dascenderán, habendo necesidade de mover equipos de unha categoria a outra para equilibrar, primeiro manteñense os antepenúltimos e penúltimos da categoria superior e despois escomenzase a ascender dende o cuarto da categoria inferior. O último clasificado descende sempre.

2.7 .- O equipo que abandoe a Liga, non terá dereito a ningún tipo de reembolso de ningunha das cantidades que houbera aboado anteriormente o Clube.

2.8 .- A continuación recalcularase a clasificación eliminandose os puntos e chaves feitas contra o equipo que abandoa a Liga, de forma que farase a reclasificación coma si esas partidas non houbesen existido.

2.9 .- Un equipo que abandoe a Liga, inmediatamente pasará a ocupar a última praza avanzando hacia arriba os equipos que estiveran situados na clasificación por detrás dél no momento de abandoar .

2.10.-Un equipo pode quedar eliminado da liga, por incoparecencia non xustificada, por autoretirarse, por mal comportamento de palabra ou obra ou por retirarse do mesmo sin motivo xustificado, podendo ser sancionado coa non inscripción temporal en futuras competicións de liga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Powered by
.