Presentación

A Chave é un xogo tradicional galego moi antigo que se mantén a un nivel interesante en Galicia, xogándose distintas modalidades dependendo da zona onde se xoga: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago ou Ferrolterra.

Na comarca de Ferrolterra, segundo referencias de persoas maiores, xogábase xa a chave a principios do século XX.

En Ferrolterra créase a Delegación Comarcal de Chave na segunda metade da década dos setenta do pasado século, pero xa con anterioridade xogábanse campionatos, ligas e trofeos. En abril de 1980, apróbase o regulamento da chave que é o que actualmente está vixente.

No ano 1997, o 16 de febreiro a Delegación Comarcal de Chave pasa a chamarse Amigos da Chave de Ferrolterra aprobando nese ano os estatutos polos que nos rexemos hoxe, estando rexistrados a nivel Galego co Nº 5489. O C.I.F da asociación e 15638935.

Lévanse xogando a liga ano tras ano dende o ano 1985, sen interromperse esta en ningunha edición

No ano 2007, integrámonos en BRINQUEDIA, (Rede Galega de Xogos Tradicionales) para colaborar con dita asociación e dar a coñecer a Chave, non só en Galicia senón incluso en outras comunidades.

A nosa misión e a de fomentar é dar a coñecer o xogo da chave levándoa aos colexios, entidades deportivas, concellos, medios de comunicación, etc. Especialmente na comarca de Ferrolterra, nos concellos de Fene, Ferrol, Narón, Ares, Mugardos, Neda e Pontedeume, que e onde nós a practicamos.

Powered by