Capítulo VI – Canchas

6.1.- Cada equipo aportará a sua cancha de xogo para poder desenrolar as partidas oficiais .

6.2 .- Todo-los equipos que participen na Liga e non teñan cancha propia, poden elixir a que consideren mais apropiada,comunicando cando menos con unha semana de antelación a directiva.

6.3 .-Si por algún motivo, un equipo cambia de cancha pode elixir unha segunda, terceira, etc.,sempre avisando con unha semana de antelación a directiva

6.4 .- As canchas terán as dimensións adecuadas para poder desenrolar comódamente o deporte da chave e teran que ter toda-las medidas de seguridade

6.5.- As canchas terán que garantir as medidas de protección para chaveiros e expectadores con fitas, sinais ou o que se considere o mais adecuado. As canchas cubertas que teñan instalado alumeado este a de ser suficiente, en todo caso será motivo de aprazamento da partida si no percorrido aéreo dende que sae da man do chaveiro ata a recepción ou chegada a chave o pello non se ve con claridade, ben xexa por parte do tirador ou do receptor.

6.6 .- As canchas non poderan ter un desnivel superior a corenta centimetros (40 cm ). no sentido lonxitudinal, e terán nivel cero ( 0 )no sentido transversal.

As canchas de xogo de nova construcción terán que ser supervisadas po-la directiva, cuestión esta de obrigado cumprimento.

6.7.- O equipo que xogue na súa cancha e responsable de ter en perfecto estado de funcionamento a chave, pellos e marcador, sendo tamén da súa responsabilidade de ter na cancha a mesa, actas e xuíz anotador.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Powered by
.