Capítulo IV- Participantes

4.1 .- Poderán practicar o deporte da chave tanto homes como mulleres, todos terán que xogar na categoria que lles corresponda de acordo con a súa idade.

4.2 .- Establecense tres categorias para a practica da chave :

a) Categoria de infantis, de 10 a 14 anos. Non poderán xogar na Liga establecida polo Clube, pero si en outros eventos de chave , sempre que se establezan todo-los requisitos apropiados para a practica deste deporte, según se especifica nos puntos 4.4, 4.5 e 4.6 deste capitulo. Necesitarán a autorización do titular de quen exerza a súa patria potestade.

b) Categoria de xuvenis, de 15 a 18 anos. Poderán xogar na Liga establecida polo Clube, ou donde o consideren oportuno, unha vez cumpridos os requisitos exixibles, Necesitarán autorización do titular de quen exerza a súa patria potestade).

c) Categoria de Seniors, a partires dos 18 anos e sin limite de idade, poderán xogar na Liga establecida polo Clube, ou donde o consideren oportuno, unha vez cumpridos os requisitos exixibles.

4.3.- A practica da chave en idade escolar tanto para infantis como para xuvenis, deberá enfocarse dende o principio para que se garanta o coñecemento progresivo e a formación practica deste deporte e sempre de acordo con a actitude fisica dos escolares, baixo a atenta supervisión dos educadores escolares ou de chaveiros consolidados, con o obxetivo final de contribuir e axudar a formación deportiva dos xóvenes en esta disciplina.

4.4 .- O Clube en colaboración con colexios, equipos de chave e entidades deportivas fomentará a practica desta actividade deportiva en idade escolar. Para elo poderanse constituir os órganos consultivos e de asesoramento con os entes antes mencionados.

4.5 .- En caso de que se organizaran competicións infantis ou xuvenis, nos colexios ou nas canchas dos equipos de chave que pertenzan o Clube, estos eventos deberian estaran xuxeitos o que se estableza no Regulamento da chave en vigor.

4.6.- Todos os xuvenis que queiran participar nos eventos programados po-lo Clube, deberán aportar a directiva autorización dos que ostenten a súa patria potestade, tutela ou representación legal e avoen as cuotas estrablecidas. ( ver Cap.I.,1.4)

4.7 .- Deberá terse en conta o espiritu da Lei do Deporte de Galicia, do 2 de Abril do 2012, que no seu Titulo III-Artigo 15 di “ As administracións públicas de Galicia promoverán a recuperación, o mantemento, a práctica e o desenvolvemento dos deportes autóctonos propios da Comunidade Autónomica …..”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Powered by
.